martes, 27 de diciembre de 2016

Galego : Trece Badaladas- Suso de Toro

Hoxe veño a falar do libro que temos que ler para a segunda, bueno podes escoller entre moitos pero eu escollín este, Trece Badaladas de Suso de Toro. Os meus motivos, dous moi claros, pareceume moi interesante ainda que é un pouco groso, pero se o lees e fas un traballo de comparación do libro e da película sube 0,25 na nota da avaliación, e a verdade que fai falla, xa o comecei a leer e parece interesante, vos deixo aquí a sinopse e me ddecides que vos parece.
"Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza.Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica." (Ficha do libro, Xerais)

Lupe dixo que non ten nada que ver a película co libro mais eso o contarei noutra entrada, e seguraente vos pase o meu comentario crítico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada destacada

Doble Grado de Enfermería + Fisioterapia

O outro día mentres navegaba por Internet, atopei que existe una carreira que ofrece o Duplo Grado de Enfermaría e mais fisioterapia en El...