Obxectivos
1. Formar expertos en todos os aspectos relacionados cos fármacos e os medicamentos, en conformidade coa Directiva europea aprobada referente á Titulación de Farmacia, incluíndo as actividades de farmacia clínica e atención farmacéutica.2. Proporcionar a adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para as diversas modalidades do exercicio profesional.
3. Equilibrar adecuadamente, segundo indicacións da OMS (1993, 2000) os contidos referentes a: ciencias básicas, ciencias farmacéuticas, ciencias biomédicas e clínicas, ciencias socioeconómicas, experimentación, técnicas de comunicación e prácticas tuteladas.
4. Establecer as bases para o posterior acceso do alumnado á especialización farmacéutica, investigación científica, actividades de desenvolvemento tecnolóxico e docencia.
5. Estimular a aprendizaxe autónoma, incentivar o estudo individual e colectivo e reducir as formas pasivas de ensino a fin de motivar ao estudante cara á formación continuada.
6. Formar profesionais capaces de integrarse na industria químico-farmacéutica.
7. Estimular no estudante a capacidade para realizar deseños experimentais sobre a base do método científico e a interpretación de traballos científicos no campo de ciencias da saúde.
8. Formar profesionais capaces de integrarse no sistema de atención da saúde e de contribuír a optimizalo.
9. .Promover a análise crítica na avaliación de problemas, toma de decisións e espírito de liderado e formar profesionais na cultura da calidade total con capacidade de xestión e dirección.
Competencias xerais
1. Intervir nas actividades de promoción da saúde, prevención de enfermidade, no ámbito individual, familiar e comunitario; cunha visión integral e multiprofesional do proceso saúde-enfermidade.2. Desenvolver habilidades de comunicación e información, tanto orais como escritas, para tratar con pacientes e usuarios do centro onde desempeñe a súa actividade profesional.
3. Promover as capacidades de traballo e colaboración en equipos multidisciplinares e as relacionadas con outros profesionais sanitarios.
4. Coñecer os principios éticos e deontolóxicos segundo as disposicións lexislativas, regulamentarias e administrativas que rexen o exercicio profesional, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto social en transformación.
5. Recoñecer as propias limitacións e a necesidade de manter e actualizar a competencia profesional, prestando especial importancia ao autoaprendizaje de novos coñecementos baseándose na evidencia científica dispoñible.
Competencias específicas
1. Prestar consello terapéutico en farmacoterapia e dietoterapia, así como no ámbito nutricional e alimentario nos establecementos nos que presten servizos.2. Promover o uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios, así como adquirir coñecementos básicos en xestión clínica, economía da saúde e uso eficiente dos recursos sanitarios.
3. Levar a cabo as actividades de farmacia clínica e social, seguindo o ciclo de atención farmacéutica.
4. Deseñar, preparar, fornecer e dispensar medicamentos e outros produtos de interese sanitario.
5. Identificar, deseñar, obter, analizar, controlar e producir fármacos e medicamentos, así como outros produtos e materias primas de interese sanitario de uso humano ou veterinario.
6. Avaliar os efectos terapéuticos e tóxicos de sustancias con actividade farmacolóxica.
7. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo da lexislación, fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos e demais aspectos que se consideran necesarios para o deseño e avaliación crítica de ensaios preclínicos e clínicos.
8. Deseñar, aplicar e avaliar reactivos, métodos e técnicas analíticas clínicas, coñecendo os fundamentos básicos das análises clínicas e as características e contidos dos ditames de diagnóstico de laboratorio.
9. Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
10. Desenvolver análises hixiénicas-sanitarias, especialmente as relacionados cos alimentos e medioambiente.
11. Identificar, avaliar e valorar os problemas relacionados con fármacos e medicamentos, así como participar nas actividades de farmacovixilancia.
Saídas profesionais
Esta titulación habilita para o exercicio da profesión de farmacéutico/a. Consonte o estabelecido no Acordo do Consello de Ministros do 8 de febreiro de 2008, polo que se estabelecen as condicións a que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio da profesión regulada de Farmacéutico (BOE do 27 de febreiro de 2008).A formación de Graduado en Farmacia capacita para desempeñar a profesión en oficinas de farmacia, na industria farmacéutica, en especializacións hospitalarias e non hospitalarias, en laboratorios de análise, na xestión sanitaria e en actividades de educación e investigación
No hay comentarios:
Publicar un comentario