Vai sobre a vida de Rosalia, os asasinatos teñen como excusa poemas de esta e recreanse asasinatos como facendo referencia aso poemas. O investigador, que en verdade é un periodista que axuda a Policia, aunque non é de moito agrado para o Xefe de policia, e tamén Deneb unha profesora da universidade especialista na vida de Rosalia, todo os leva a Rosalia e a súa familia, o cal parece desconcertante debido a que é imposible polo tempo que os afasta.
Ainda así sé que o meu argumento non é todo o bo que deberia ,vos deixo outra páxina na que incluso o podedes comprar e vos copio e pego o argumento.
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario