Baixo a dirección do xeneral Emilio Mola, o 18 de xullo de 1936 foron concretando o plan para o alzamento militar. O plan de Mola consistía en que o exército de África fose o primeiro en levantarse para ser secundado logo nas 24 ou 36 horas seguintes por unha serie de sublevacións escalonadas en toda a Península.

O exército de África, peza angular do golpe, debería trasladarse con celeridade á Península para logo ser a punta de lanza que atacase Madrid. Unha vez consumado o golpe, crearíase un Directorio Militar presidido por Sanjurjo.
A sublevación comezou ás 17 horas do día 17 de xullo en Melilla. A Lexión controlou
rapidamente a praza forte e avisouse a Franco, que ata a madrugada do día 18 de xullo non se
pronunciou debido a que el dixo que ata que non se lle fora enviado un avión que garantise a sua fuxida non se pronunciaría, cando isto foi confirmado seguidamente, decretou o Estado de Guerra en Canarias e en África e dirixiuse aos españois xustificando o alzamento.
O día 19 trasládase a Tetuán (no avión antes mencionado) , mentres na Península se suceden un tras outro os golpes militares , aínda que tamén hai fracasos.
A pesar do notable éxito, non se conseguiron as cidades principais, Madrid e Barcelona,
e a maior parte da Armada e da Armada Aérea seguiron fieis á República, e a carencia de
buques e avións retrasou e dificultou o traslado das tropas africanas, dando comezo así a un
longo conflito entre dous bandos irreconciliables: o Nacional ou Faccioso e o Republicano ou
Roxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario