Durante a Gierra civil existiron uns corpos encargados da defensa nacional, dende outos países. Estes corpos chamabánse as brigadas internacionais.Que procederei a explicar.
A Guerra Civil causou un forte impacto nos grupos esquerdistas de todo o mundo, que interpretaron a guerra como unha loita histórica entre o fascismo e a democracia. As organizacións obreiras e sindicais de todo o mundo enviaron axudas de todo tipo, pero sobre todo homes e mulleres que foron chegando dende 1936 estimulados pola Internacional. Estes homes e mulleres formaron milicias populares formando as Brigadas Internacionais.
Número total de Brigadistas oscila entre 40.000/60.000, aínda que nunca estiveron máis de 18.000 ao mesmo tempo. O seu papel foi importantísimo na defensa de Madrid, pero co desgaste da Guerra e sobre todo pola presión Internacional, o goberno de Negrín e a SdN organizaron a súa saída de España.
A idea das Brigadas Internacionais partiu do Komintern, nun principio o goberno da República rexeitou a idea, pero logo diante as dificulades da guerra autorizouna formalmente o 23 de outubro. A sede internacional de recrutamenteo estableceuse en París e o núcleo das primeiras Brigadas Internacionais estableceuse con 300 dos atletas que acudiran aos Xogos Populares de Barcelona e que decidiran organizar unha brigada para combater en España.
As Brigadas participaron na defensa de Madrid de 1936, as batallas do río Jarama, Guadalaxara, Brunete, Teruel, Aragón e o Ebro. O 23 de setembro de 1938 disolveuse ao chegar un acordo o goberno republicano co Comité de non intervención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario