lunes, 14 de noviembre de 2016

Carreiras Universitarias : Enfermería

Decidinme a facer esta entrada falando de Enfermeria na UDC debido a que é a carreira que quero cursar, se xa lichedes a anterior publicación, trataba do duplo grado de enfermaría e fisioterapia, algo moi similar ao que hoxe vos presento. Estiven indagando e nunha páxina,( nesta ) , aparece un descricion da finalidade da escola de Enfermaria na Coruña pero o planning e horarios e esas cousas non aparece moi ben explicado, ainda asi vos deixo aquí a 'definición'.


A Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña está situada no termo municipal de A Coruña, no edificio de Ciencias da Saúde no Campus de Oza.(imaxe)

A finalidade da Escola Universitaria de Enfermaría A Coruña é a formación de enfermeiras/os xeneralistas con preparación científica e humana, con capacidade para valorar, identificar, actuar e avaliar as necesidades de saúde e coidados das persoas sans e/ou enfermas, das familias e a comunidade.
Os estudos de Enfermaría comezan neste Centro no ano 1972, continuando na actualidade como centro adscrito a Universidade de A Coruña, dependendo funcional, económica e administrativamente da Consellería de Sanidade. Contamos cunha longa tradición no ámbito formativo universitario e co recoñecemento social e profesional dos nosos titulados.
Ademais das instalacións propias do centro, cómpre destacar a gran relevancia dos centros asistenciales, que contribúen de xeito importante á formación dos nosos estudantes, permitindolles adquirir, afondar e desenvolver actitudes, habilidades e coñecementos para o exercicio da súa profesión.

E como xa sabedes que para min toda información é pouca vos deixo a páxina na que verdadeiramente explica as cousas como ten que ser, se estades interesados non dubidedes en informarvos!!

 E vos, o atopades interesante?
Un saúdo e sempre +novas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entrada destacada

Doble Grado de Enfermería + Fisioterapia

O outro día mentres navegaba por Internet, atopei que existe una carreira que ofrece o Duplo Grado de Enfermaría e mais fisioterapia en El...